CRTVG

Buscar

Agardan estabilizar o incendio de Ávila tras arrasar máis de 12.000 hectáreas

Publicado o 16/08/2021 20:15

Sete incendios continúan activos en distindos puntos de España. O máis grave é o de Navalacruz, en Ávila, que xa calcinou 12.000 hectáreas. As autoridades dano por estabilizado, pero as condicións climáticas non permiten levantar a garda. É o maior incendio que se declarou en España no que vai de ano. Leva calcinadas máis de 12.000 hectáreas, e continúa ardendo, aínda que as autoridades dano por controlado ao 90 %.

"Dependemos do vento. Agora vai cara o sur, e alí hai moitas poboacións".

O lume cerca un perímetro de 80 quilómetros, e dentro del seguen traballando máis de mil efectivos da comunidade de Castela e Léon, do Goberno, e doutras autonomías, como Galicia, que cederon os seus medios.

"Pido a máxima prudencia porque non só corren risco as persoas, as vivendas e o patrimonio natural, senón que corren risco as vidas das persoas que se dedican á extinción dos incendios", dixo José Javier Izquierdo, delegado do Goberno en Castela e León.

O lume obrigou a evacuar durante a fin de semana un milleiro de persoas. Nalgúns puntos, as lapas alcanzaron as vivendas.

Ademais deste de Ávila, hai incendios activos, de menor envergadura, na serra de Madrid, en Burgos, en Andalucía, en Cataluña e aquí en Galicia.

Noticias web

16/08/2021