CRTVG

Buscar

Agardan superar os 100 millóns de quilos de produción de pataca na Limia

Publicado o 03/10/2019 14:23

A actividade é intensa estes días na Limia. Os agricultores están en plena recollida da pataca. Uns están apañando a man as da variedade kennebeck, amparada polo IXP Pataca de Galicia, pero a maior parte dos traballos da pataca para a industria fanse con maquinaria.

O tempo acompaña, e os pataqueiros afrontan esta campaña de xeito positivo, porque din que a produción vai ser maior que a do ano pasado.

A principal incerteza que teñen é o prezo. A escaseza de pataca o ano pasado elevouno desde os 25 ata os 40 céntimos, pero este ano din que comezan moi baixos, e apenas superan os custos de produción fixados nuns 11 céntimos o quilo.

Cunhas 3.500 hectáreas sementadas, a comarca da Limia é a principal zona produtora de Galicia. Na IXP agardan tamén aumentar a produción amparada que prevén que supere os 10 millóns de quilos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019