CRTVG

Buscar

AGAL impulsa unha web sobre a vida, obra e pensamento de Ricardo Carvalho Calero

Publicado o 13/05/2020 16:18

Preséntase como a web máis completa do autor: Carvalho2020.gal. Con esta iniciativa, a Associaçom Galega da Lingua quere ofrecer unha ampla panorámica sobre a vida, a obra e o pensamento de Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado no Día das Letras Galegas.

A web presenta tamén audiovisuais, documentais o ou testemuños do propio Carvalho Calero ou de achegados, como as súas alumnas.

A Xunta e a Deputación da Coruña colaboran nesta web á que se pode acceder en dúas grafías: a reintegracionista e a oficial.

Noticias web

13/05/2020