Unha gran fenda mantén pechada ao tráfico unha estrada local en Muíños
Publicado o 23/12/2019 17:32
As consecuencias do temporal destes días tamén se están a notar en Ourense. A auga acumulada afundiu a estrada de Farnadeiros a Lobios. A intensidade da chuvia fixo que se afundira. Unha gran fenda atravésaa de lado a lado e o tráfico está desviado.