CRTVG

Buscar

Afúndese unha beirarrúa en Vigo e deixa aberta unha gran fochanca

Publicado o 17/12/2019 14:32

Unha beirarrúa afundiuse en Vigo, parece que como consecuencia das precipitacións. O resultado foi esta enorme fochanca que se abriu na rúa Gregorio Espino.

Segundo veciños e comerciantes, a beirarrúa cedeu nun momento en que non pasaba ninguén pola zona, polo que afortunadamente non se produciron danos persoais.

O buraco era tan grande que ata unha árbore quedou atrapada no interior. Operarios municipais traballaron na zona para reparar a beirarrúa. Encheron o oco con area para evitar maiores consecuencias e tamén valaron a fochanca.

Noticias web

17/12/2019