CRTVG

Buscar

Afundación publica 300 recursos en liña para todas as idades

Publicado o 30/03/2020 14:10

Visitar unha exposición, asistir a unha conferencia ou participar nun obradoiro científico cos pequenos da casa. Nestes días, hai tempo para todo.

Afundación tamén está a replicar a programación habitual da súa Obra Social no mundo dixital e, igualmente, creando contidos específicos para este período excepcional que se poden seguir en directo ou á carta na súa páxina web. Afundación na Casa baséase en catro piares: o ocio infantil, a formación para familias, o asesoramento financeiro para pemes e autónomos e o acompañamento para maiores.

De momento, están previstas ao redor de 300 actividades a disposición dos cidadáns. A obra social de Afundación rexistra un millón e medio de usuarios anuais.

Noticias web

30/03/2020