CRTVG

Buscar

Afluencia de turistas durante o último sábado de xullo en Compostela

Publicado o 31/07/2021 20:25

A chegada de turistas, coincidente co tránsito de xullo a agosto deixouse notar este sábado en Compostela.

Unha semana despois da celebración do Apóstolo o goteo de peregrinos e visitantes segue a ser constante. Ambiente animado nas rúas e terrazas da zona vella compostelá. Moitos aproveitaron que o tempo non convidaba a ir á praia para visitar a capital de Galicia, que neste Ano Santo volve ser un reclamo para todos os que se achegan á nosa comunidade.
 

 

Noticias web

31/07/2021