CRTVG

Buscar

A distancia de seguridade salta polos aires na reapertura das tendas do Reino Unido

Publicado o 16/06/2020 08:58

No Reino Unido, a volta á actividade comercial tivo episodios en que os clientes non seguiron o consello de gardar as distancias.

Mesmo houbo momentos de empurróns por entraren os primeiros, como amosan imaxes difundidas pola axencia Reuters.

As reas de xente agrupadas agardando para poder entrar nas tendas sucedéronse nos arredores de distintos negocios.

Os avisos e marcas para manter os dous metros de separación entre persoas eran tamén elementos diferenciadores da reapertura despois de case tres meses de inactividade.

Noticias web

16/06/2020