CRTVG

Buscar

Dentix, con oito clínicas en Galicia, entra en concurso de acredores

Publicado o 16/10/2020 20:56

Dentix pediu o concurso de acreedores ante a incapacidade de facer fronte á debeda. Agora ábrese un prazo para chegar a un acordo cos acredores e intentar salvar a empresa.

En Galicia hai 8 clínicas de Dentix. Responsables destas clínicas aseguran que aínda que non están cobrando, continúan abertos. Non collen novos clientes pero afirman que seguen atendendo os pacientes que xa tiñan tratamentos contratados.

Montse, é unhas desas pacientes, pero di que ela chama e non lle dan cita para continuar co tratamento que contratou e que está pagando a través dun crédito. Xa buscou asesoramento legal. O que recomendan é pedir a paralización dos préstamos e a devolución dos cartos ás financeiras ás que derivaba Dentix. "O primeiro que hai que facer é, de maneira correcta, paralizar os pagamentos porque están pagando un servizo que non están recibindo", di o avogado Antonio Salceda.

En toda España hai 200 clínicas de Dentix con máis de 3.000 empregados.

 

Noticias web

16/10/2020