CRTVG

Buscar

Afeccionados cantan coa Orquestra Sinfónica de Galicia

Publicado o 06/12/2018 23:05

Son as imaxes do último ensaio antes concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia e 260 afeccionados. Carlos Mena, encárgase nesta ocasión da dirección. Acostumado a actuar con grandes profesionais, contar coa participación dos afeccionados é todo un reto.

"Por un lado, ten un compoñente emocional moi forte porque é xente que non se dedica á música pero ten paixón por ela. Así que para eles é unha oportunidade única de poder compartir escenario con profesionais e nunha obra de gran renome como o Mesías. Por outro lado, hai que saber xestionar toda a súa enerxía e saber dominala para encauzala en pro da música e no ben da música", di o director deste concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia.

Os afeccionados pertencen a 9 corais polifónicas, para eles poder participar neste concerto cos profesionais é un privilexio e unha experiencia que nunca esquecerán.

"É un pracer, lévante, arrástrante, agarímante coa voz. É unha marabilla cantar con eles, é aprender todos os días un pouquiño, Coa nosa idade, é todo precioso", di un dos participantes. Para outro afeccionado  "é un privilexio, non só polo director que é impresionante senon porque cantar co apoio da Orquestra Sinfónica e co coro da Sinfónica é algo impresionante".

Este concerto participativo entre profesionais e afeccionados é unha iniciativa da Obra Social de La Caixa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018