CRTVG

Buscar

Afeccionados aprenden de viño probando "ás cegas"

Publicado o 17/11/2019 16:17

Catar viño ás cegas non só é cousa de profesionais. Cen persoas participan hoxe, en Soutomaior, nunha actividade da Ruta do Viño Rías Baixas coa que pretenden desestacionalizar o enoturismo e ensinar o público xeral a identificar un viño desta denominación.

Desestacionalizar o enoturismo require de promoción e de actividades interesantes que inciten o público a moverse, malia que chova e vaia frío, como ocorre en novembro. Diso entenden os da Ruta do Viño Rías Baixas, que celebran xa a oitava edición da súa cata afeccionada.

Juan Gil de Araújo, Presidente da Ruta do Viño Rías Baixas, Juan Gil de Araújo, explica que "pretendes achegar o mundo urbano, o mundo do turismo, ao campo, á produción agrícola, ao mundo do viño... Evitar esa fronteira que as veces hai entre o mundo rural e o mundo urbano. E con un grupo de, aproximadamente, unhas cen persoas, poñelas a proba... No sentido de que nós, inicialmente, facémoslles unha cata vista, logo quitámoslle ese viño, tapamos as botellas e servímoslle outros viños, para que traten de identificar cal é o viño que están bebendo nese momento. É unha cata divertida, que á xente lle gusta moito".

Falan os participantes: "Gozamos moitísimo e unha experiencia marabillosa, que lla recomendo a todo o mundo. Para achegarnos á xente que non sabemos nin controlamos de viños, ter unha serie de coñecementos básicos e despois, dalgunha maneira, fan un concurso, como unha cata ás cegas, a ver se somos capaces de adiviñar os viños, cousa difícil!"...

"É verdade que intentan dalgunha forma, ou nós o que apreciamos é que intentan pois que estes eventos sexan non nunha época concreta do ano, senón ao longo de todo o ano".

Ademais de probar cinco marcas de viños da denominación de orixe Rías Baixas, dunha visita polo castelo de Soutomaior e dunha degustación de produtos galegos, os presentes xogan a "catar ás cegas", aprenden sobre as elaboracións, coñecen de primeira man unha morea de curiosidades, segredos e traballos ao redor do viño, da viticultura e doutras actividades do medio rural.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2019