Afeccionados ao swing percorren treitos do Camiño Primitivo
Publicado o 09/06/2019 16:28
Co ritmo no corpo e cos pes lixeiros. Así están a coñecer Lugo os participantes nunha curiosa iniciativa que combina o baile do swing co Camiño de Santiago.
E de bailar e coñecer vai esta iniciativa, que se desenvolveu por vez primeira hai dous anos. Daquela percorreron o Camiño Francés desde Pamplona. Desta volta elexiron o Primitivo e no canto de facelo enteiro actúan nos lugares máis significativos.
Co baile como reclamo, a experiencia resulta atractiva para os amantes do swing e do patrimonio.
O baile, unha linguaxe tan internacional como o Camiño de Santiago.