CRTVG

Buscar

AENA autoriza a petición da Xunta para facer cribados no aeroporto de Alvedro

Publicado o 25/03/2021 20:35
AENA autoriza a petición da Xunta para facer cribados no aeroporto de Alvedro

AENA dá o visto e prace para facer test de antíxenos da covid no aeroporto de Alvedro. O comité de dirección aprobou a cesión de espazos e o programa de colaboración coa Xunta para a realización destas probas.

Deste xeito queda atendida a petición feita polo propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, co obxectivo de poder facer cribados nos aeroportos ante a Semana Santa, e coa idea de ampliar este dispositivo tamén ás estacións de tren.

Noticias web

25/03/2021