CRTVG

Buscar

Adxudican as obras do Centro Integral de Saúde de Lugo

Publicado o 22/11/2019 14:14

A comezos do vindeiro anos arrancará a transformación do antigo Hospital Materno Infantil de Lugo. Crearase aquí o primeiro centro integral de saúde de Galicia, que contará cun edificio de máis de 8.000 metros cadrados distribuídos en seis andares para albergar diversos servizos. Conta cun orzamento de 12 millóns de euros e o prazo de execución será de 20 meses.

"Hoxe adxudicamos o Centro Integral de Saúde á empresa Acciona por preto de 12 millóns de euros. Un paso importante para este centro integral de saúde que comprende tanto un centro de saúde como un centro de saúde mental, a base do 061 e urxencias. Estamos a falar do primeiro centro integral de saúde en Galicia", sinalou Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

Esta obra enmárcase dentro da recuperación dos edificos públicos do barrio da Residencia, onde a Xunta tamén está a impulsar un centro de emprendemento e outro de emprego, ademais dunha central de biomasa e unha nova residencia da terceira idade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019