CRTVG

Buscar

Adxudicadas as 41 novas farmacias autorizadas para Galicia

Publicado o 18/01/2020 15:25

Esta é a primeira quenda de farmacéuticos. Son cincuenta persoas de entre 604 aspirantes en total. Na pantalla aparecen as 41 novas farmacias noutras tantas vilas, cidades ou aldeas. Moitos candidatos levaban anos traballando como adxuntos, ao lado doutro boticario titular. 

Laura Fleire. farmacéutica. "O que máis se puntúa foi a experiencia, o exercicio profesional. Despois os méritos académicos, e a formación. Pero este ano déusenos importancia aos adxuntos, que levabamos moitos anos traballando"

Carme Barros. farmacéutica:"Estou moi nerviosa porque é un reto. Eu ata agora sempre traballei para outras persoas e agora ter que tomar as propias decisións vai ser complicado"

Laura Fleire. farmacéutica: "Escollín Perillo, en Oleiros"
Carme Barros. farmacéutica: "Voume para A Coruña porque me parece unha grande oportunidade"

Este acto público de adxudicación, o acto de escoller unha das 41 novas farmacias por orde segundo a puntuación, celebrouse nun salón da Consellería de Sanidade.

Xesús Vázquez Almuíña. conselleiro de Sanidade. "Vai haber unha distribución primando primeiramente o rural, das 41 farmacias a metade van ser no ámbito rural, 14 no semiurbano e sete no urbano. Con iso conseguiomos a accesibilidade total da poboación galega á atención farmacéutica"

A diferenza doutros procesos de adxudicación de oficinas de farmacia, en Galicia, e por primeira vez, convócase a todos os aspirantes a rexedores destas novas 41 boticas para un único acto nun único día. Así que en pouco tempo abrirán catro novas farmacias en Lugo, cinco en Ourense, nove en Pontevedra e dezaoito na Coruña.

Máis ca farmacias

As farmacias dos nosos barrios ou das nosas aldeas dan apoio médico, social e fan un servizo impagable e ás veces insospeitado. Toman a tensión, miden a glicosa, e o colesterol e dannos eses primeiros consellos médicos que reducen a carga asistencial ou nos animan a ir ao médico cando é preciso.Cristina e María tamén imprimen ou axudadna coas medicacións e axudan a recoñecer os tratamentos que tantos cambios sufriron logo da entrada dos xenéricos.

No centro das cidades, aínda que non o pareza dan apoio e conversa a moita xente maior sos, e tamén nas aldeas onden viven anécdoras como esta.

Os boticarios galegos fan un excelente labor a veces restrinxido pola normativa xa que non poden adiantar fármacos ou saír a levárllelos ás persoas maiores. Todo cun gran sorriso e grandes doses de comprensión.

Noticias web

18/01/2020