CRTVG

Buscar

Advirten de posibles calotes amorosos no cobro das pensións

Publicado o 25/03/2020 21:10

Na súa comparcencia diaria os mandos da Garda civil e a Policía Nacional aseguraron que están a perseguir os calotes que xurden a conta do coronavirus.

E tanto no ámbito da internet como na propia rúa.

Chamaron a atención de que estamos en días de cobramento das pensións.

Pediron tranquilidade pero tamén avisaron a quen se achegue ao banco.

O furto amoroso é un calote no que o estafador se achega á vítima, xeralmente persoa maior, e coa escusa de acariñalo lle rouba xoias, reloxo.. ou o que que lle cadre.

A Garda Civil habilitiu a dirección: ciberestafas@guardiacivil.org. para que a xente poida informar e informarse sobre posibles estafas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020