CRTVG

Buscar

Advirten as nais que estean en ERTE da posibilidade de perder as axudas por maternidade

Publicado o 27/11/2020 15:31
Advirten as nais que estean en ERTE da posibilidade de perder as axudas por maternidade

Os xestores administrativos lanzan unha advertencia ás nais traballadoras que estean acollidas a un ERTE: poderían perder as axudas por maternidade.

Os xestores din que se a traballadora que foi nai está en ERTE o mes completo, perdería as bonificacións dese período: isto é, a dedución na renda de 1.200 euros anuais por fillos menores de tres anos, e mais o complemento para gardería. Se o contrato se suspende só uns días ou reduce xornada, si que seguirá cobrando as axudas.

Noticias web

27/11/2020