CRTVG

Buscar

Asaltan unha tenda de Pontevedra e levan os teléfonos de gama alta

Publicado o 08/03/2019 14:05

Unha tenda situada no centro de Pontevedra foi obxecto de asalto onte á noite nunha acción rápida protagonizada por dous individuos que se fixeron con máis de vinte teléfonos de gama alta. A alarma, segundo o responsable da tenda, activouse ás catro da mañá.

O xefe de sección da tenda, Rubén Rodríguez, explica que cando chegou á tenda, alertado pola central da alarma, estaba o enreixado levantado, o cristal roto e baleira a vitrina dos móbiles de gama alta.

Segundo o relato de Rodríguez , un veciño ergueuse tras oír como rebentaban o enreixado e o cristal, pero cando saíu mirar; os autores xa fuxían para a rúa de Eduardo Pondal.

O responsable da tenda explica que o roubo efectuárono dúas persoas que botaron a correr polas escaleiras do lado cara á rúa de abaixo onde, supostamente, os agardaban nun coche. "Segundo contou o veciño que os viu, actuaron moi rápido. Dixo que escoitara o golpe e cando mirou xa estaban saíndo os ladróns. Tardaron dous minutos como moito".

Todo apunta a que coa présa en abandonar desbotaron un botín maior levando outros aparatos tecnolóxicos e centráronse nos teléfonos de máis valor.

Noticias web

08/03/2019