CRTVG

Buscar

Adrián Sieiro disputará o Campionato de Europa de piragüismo

Publicado o 17/05/2017 15:20

E visitamos a Adrián Sieiro en Verducido. Acaba de conseguir a praza para o Campionato de Europa que se vai celebrar en Bulgaria. O pontevedrés confirma neste 2017 a súa progresión.

No selectivo de Trasona, en Asturias, dominou as distancias olímpicas. Gañou a proba do C-1 Mil metros e tamén o C-2 1000 metros con Sergio Vallejo. Nesta distancia estará no europeo xunto con Vallejo. Antes dúas probas da Copa do Mundo en Hungría e Serbia para calibrar o seu estado ante os mellores do mundo. No horizonte os xogos olímpicos de Toquio e a sucesión de David Cal.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2017