CRTVG

Buscar

Adrián Rodríguez, 'Pirata', un exemplo de 'fair play' no Santiago Futsal

Publicado o 04/02/2020 21:29

Adrián Rodríguez, Pirata, non esperaba tanta repercusión cando renunciou a unha ocasión clara de gol ao ver como o seu rival caía lesionado. O Santiago Futsal xa gañaba 0-3 na casa do segundo clasificado, pero aínda quedaban dez minutos: "Tivo máis repercusión da que pensaba. Hoxe en día, as noticias voan. Estivo ben".

O balón non lle chegou a Nito, pero Pirata, con apenas vinte anos, demostrou que ten uns principios deportivos moi sólidos. "Isto ten que ser un exemplo para os nenos e as nenas".

A vitoria deulle un pulo ao Futsal, un equipo histórico en horas baixas: "É unha inxección para nós, que traballamos todas as tardes en Santa Isabel".

O seu máximo goleador é, ademais dun exemplo de fair play, internacional e campion de Europa sub 19: "Teño a aspiración de chegar á maxima categoría".

O alcume de Pirata non lle fai xustiza a un rapaz moi legal.

Noticias web

04/02/2020