CRTVG

Buscar

Adrián, de 8 anos, conseguiu entradas e comida gratis de por vida no Resurrection Fest

Publicado o 10/07/2018 15:54

Mañá comeza en Viveiro unha nova edición do Resurrection Fest. Das 90.000 persoas que por alí pasarán queremos presentarlles un convidado de excepción. Chámase Adrián e con 8 anos conseguiu entradas e comida gratis de por vida no festival. Vexan como o logrou.

Así gañou Adrián o seu pase vitalicio para o 'Resu'. Vestido como os lexendarios Kiss e proclamando ao mundo a súa paixón polo rock e a pizzaría que organizou o concurso.

Con 8 anos, este cativo non quere saber nada de reaguetón. O heavy, o trash ou o hard core son as súas músicas de cabeceira. 

Toca a guitarra eléctrica e soña con montar un grupo 'metaleiro'. De feito, era xa un habitual do festival antes de gañar o premio.

Quen sabe se algún día compartirá escenario coas estrelas do 'Resu'. Mentres, Adrián poderá gozar de balde do considerado como mellor macrofestival da Península.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2018