CRTVG

Buscar

Adrián Ben pulveriza a súa mellor marca nos 800 a tres semanas dos Xogos

Publicado o 05/07/2021 08:16

A Liga do Diamante trasladouse ata Estocolmo. E alí, o viveirense Adrián Ben rematou cuarto pulverizando en máis dun segundo a súa mellor marca persoal nos 800 metros, con 1.44.18, que lle serve para bater o récord galego e situar o seu rexistro entre os quince mellores do ano a nivel mundial e entre os cinco primeiros de Europa.

De exitosas tamén hai que cualificar as actuacións de Igancio Fontes en 1.500, segundo por detrás de Cheyrout, e de Esther Guerrero nesta mesma distancia na que bateu a súa mellor marca persoal.

Mentres o vento impediu que Duplantis puidera superar a mellor marca mundial fixada por el mesmo en 6.19.

Noticias web

05/07/2021