CRTVG

Buscar

Adolfo Domínguez reduce as súas perdas un 93% tras o cambio de rumbo da empresa

Publicado o 30/04/2019 18:06

Hai tres anos, Adolfo Domínguez obtiña o seu peor resultado operativo, cunha perda de 18 millóns de euros. O cambio de rumbo da empresa, cos novos consello de administración e comité de dirección, acadou no último exercicio un Ebitda, o beneficio bruto antes de deducir os gastos financeiros, de 1,2 millóns de euros, o primeiro positivo en 7 anos.

Adolfo Domínguez ten 391 tendas en 23 países, nos seus mercados principais Europa e México foron onde máis medraron as vendas comparables, case un 10 e un 20% respectivamente. En bolsa, as accións da compañía revalorizáronse un 50%.

Unha volta ás orixes da marca de autor, unha aposta pola exclusividade, unha revolución na comunicación son, dende a dirección da empresa, algúns dos cambios que provocaron estas melloras económicas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/04/2019