CRTVG

Buscar

Adolfo Domínguez presenta a súa nova colección en Ourense

Publicado o 23/06/2021 19:27

Adolfo Domínguez presentou a súa colección primavera-verán 2021 cun espectáculo de música, teatro e pasarela.

Fíxoo nas instalacións centrais do grupo, no polígono de San Cibrao das Viñas cun desfile dirixido aos seus empregados, que acaban de someterse a un novo expediente de regulación do emprego. A colección, que xa está nas tendas, titúlase El Sexo. Defínea como activista e inconformista. Os modelos son xente da rúa, seleccionada mediante unha proba nas redes sociais.

"Seleccionamos unhas 40 persoas que para nós representan a marca, teñen carisma e son ese tipo de xente que che fan dar a volta na rúa para mirar a súa xestualidade, como se moven...", aclara Tiziana Domínguez, directora creativa de Adolfo Domínguez.

Noticias web

23/06/2021