CRTVG

Buscar

Adolfo Domínguez prepara un ERTE para 728 traballadores

Publicado o 17/03/2020 20:31

Continúa o goteo de empresas que tramitan suspensións de emprego ante o peche de actividade. A téxtil galega Adolfo Domínguez prepara un expediente de regulación temporal de emprego para 728 traballadores, que prestan os seus servizos nas 188 tendas que o grupo ten en España. Tamén o sector da automoción está a tomar medidas: Volkswagen calibra o impacto laboral que terá o peche das 77 fábricas que ten en Europa, e Nissan, Mercedes e Renault negocian cos sindicatos a aplicación de ERTE.

Noticias web

17/03/2020