CRTVG

Buscar

Adolfo Domínguez pecha o primeiro semestre do ano con 8,6 millóns de euros de perdas

Publicado o 27/07/2021 19:01
Adolfo Domínguez pecha o primeiro semestre do ano con 8,6 millóns de euros de perdas

O grupo Adolfo Domínguez perdeu no primeiro semestre deste 2021 8,6 millóns de euros. Desde a empresa galega precisan que unha das causas destas malas cifras está no gasto extraordinario que supuxo a reestruturación laboral pactada cos traballadores o pasado maio.

O dato positivo para Domínguez é que de xaneiro a xuño duplicaron as vendas ata chegar aos 14,6 millóns de euros de facturación, un 118% máis que no mesmo período de 2020, cando o 90% das súas tendas permaneceron pechadas pola pandemia.

Noticias web

27/07/2021