CRTVG

Buscar

Adolfo Domínguez lanza a primeira colección feita só en Ourense en 20 anos

Publicado o 25/03/2019 15:38

Adolfo Domínguez recupera a súa esencia e lanza ao mercado a primeira colección confeccionada integramente en Ourense en 20 anos. Son pezas de roupa identitarias da firma, feitas á man, de alta calidade e que valen tanto para home como para muller.

Nas dúas últimas décadas, este taller de xastrería que ten Adolfo Domínguez en Ourense dedicouse só á confección de prototipos, a firma recupérao agora para producir aquí unha colección.

Son pezas de roupa emblemáticas, sen enfoque de xénero, atemporais e confeccionadas con tecidos de alta calidade.

Están á venda xa nas principais tendas de Madrid e Barcelona, en Internet e a partir de mañá tamén na tenda de Ourense.

Adolfo Domínguez conta con preto de 1.200 empregados e 400 tendas en 25 países. Dende a renovación da marca hai dous anos melloraron os seus beneficios.

Noticias web

25/03/2019