CRTVG

Buscar

Adolfo Domínguez eleva as vendas un 6% e afianza a nova estratexia de marca

Publicado o 29/08/2019 18:28
Adolfo Domínguez eleva as vendas un 6% e afianza a nova estratexia de marca

O grupo Adolfo Domínguez pecha o primeiro trimestre fiscal do ano cun aumento nas vendas do 6,4% na colección de muller.

É a primeira que chega as tendas tras asumir Adriana Domínguez o liderado da empresa familiar. Trátase da colección Galicia, en que todas as prendas están inspiradas no territorio galego, inaugurando así unha nova forma de traballar nos equipos de deseño.

O grupo Adolfo Domínguez, con 1.100 empregados, facturou 112 millóns de euros no último exercicio.


 

Noticias web

29/08/2019