CRTVG

Buscar

Adolfo Domínguez cede a presidencia do grupo a súa filla Adriana

Publicado o 29/05/2020 10:01

Adolfo Domínguez Fernández, presidente e principal accionista do grupo Adolfo Domínguez desde hai 28 anos, decidiu consolidar a substitución xeracional na compañía renunciando á presidencia e apoiando a elección da conselleira delegada, Adriana Domínguez, como nova presidenta executiva.

O nomeamento foi aprobado por unanimidade polos membros do consello de administración co informe favorable previo da comisión de nomeamentos e retribucións composta exclusivamente por conselleiros independentes, segundo informou mediante un comunicado. O grupo Adolfo Domínguez conta con 391 puntos de venda en 22 países e facturou 112 millóns de euros no último exercicio auditado (2018/19).