CRTVG

Buscar

Un 80% dos adolescentes non ten un estilo de vida saudable, segundo a ONU

Publicado o 22/11/2019 08:45

Só un de cada cinco adolescentes realiza polo menos unha hora ao día de actividade física. É o mínimo recomendado para un estilo de vida saudable.

O maior estudo realizado ata o de agora, que analiza os hábitos de máis dun millón e medio de mozos de entre 11 e 17 anos, preocupa tamén pola fenda de xénero: elas móvense menos ca eles.

En España o dato está lixeiramente mellor ca a media mundial.

Noticias web

22/11/2019