CRTVG

Buscar

Adif, Xunta e Concello desbloquean o convenio da intermodal coruñesa

Publicado o 25/09/2020 19:55
Adif, Xunta e Concello desbloquean o convenio da intermodal coruñesa

A Xunta, o concello da Coruña e o Adif desbloquean a estación intermodal da cidade. As tres partes chegaron a un acordo sobre o convenio de construción da estación. O concello ten previsto sacar a concurso, antes de que remate o ano, a execución dos accesos. O proxecto inclúe, finalmente, unha pasarela entre as avenidas da Sardiñeira e do Ferrocarril que, en principio, será para peóns e ciclistas.


 

Noticias web

25/09/2020