CRTVG

Buscar

ADIF pon á venda 14 propiedades en Galicia

Publicado o 05/10/2020 14:42
ADIF pon á venda 14 propiedades en Galicia

ADIF pon á venda a través de poxa pública 14 propiedades en Galicia. Trátase dunha casa situada en Boborás e dúas vivendas con parcela comunitaria na cidade de Ourense. Ademais, tamén un terreo en Sarria, en Lugo.

Pero a maior parte das propiedades, un total de 10, están en Vigo, concretamente na rúa República Arxentina, nos números 12 e 14, pisos que o Concello entregou ao ADIF en cumprimento dun convenio no seu día con Renfe.

O prazo de presentación das ofertas remata o 4 de novembro ás 12 da mañá e os prezos dos inmobles oscilan entre os 10.800 e os 242.300 euros. Ademais é necesario aboar unha fianza dun 5 por cento do valor de saída no caso das vivendas e un 25 por cento para as parcelas.

Noticias web

05/10/2020