CRTVG

Buscar

Adif cualifica o informe da Xunta sobre os atrasos no AVE a Galicia de enganoso

Publicado o 25/10/2019 15:00

Tirapuxa á conta do AVE. O presidente Feijóo di que non están a ser claros con Galicia e reclámalle a Fomento que cumpra cos prazos O delegado do Goberno acúsao de facer electoralismo. E un informe da Xunta desvela que o AVE non vai chegar a tempo para o Xacobeo 21.

O atraso no remate das obras do AVE a Galicia centra de novo o debate entre a Xunta e o Goberno de España. O ADIF considera que o informe do executivo galego é enganoso e tendencioso, e acusa a Feijóo de sementar desconfianza.

O Adif afirma que traballa sen descanso, día e noite, para cumprir o calendario da liña de alta velocidade Madrid - Galicia. O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias di que o informe da Xunta lle causa estupor pola información tendenciosa e enganosa que sementa desconfianza entre os cidadáns.

Iso non será posible, segundo a Xunta, que apunta atrasos importantes, por exemplo, no treito entre Zamora e Pedralba da Pradería, que está en probas, non poderá entrar en servizo este ano. Atrásase con el o aforro dunha hora na viaxe en tren entre Galicia e Madrid.

"O presidente Pedro Sánchez díxolles aos galegos que as obras do ave acabarían en decembro de 2019. Ese compromiso do Goberno de España vaise cumprir ou non? O Goberno de España vemos que cala e o silencio é moi elocuente".

A Xunta di que non pode ser cómplice deste atraso.

Alberto Núñez Feijóo reclámalle a Fomento que cumpra e non menosprece Galicia. Esixe que desvele xa se o AVE estará listo para o Xacobeo 2021.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2019