CRTVG

Buscar

Adif adxudica a reparación das pontes do ferrocarril entre Ourense e Monforte

Publicado o 10/09/2019 21:20
Adif adxudica a reparación das pontes do ferrocarril entre Ourense e Monforte

O Adif acaba de adxudicar os traballos de reparación das pontes do ferrocarril entre Ourense e Monforte de Lemos. O custo do proxecto ascende a un millón cen mil euros.

Serán obras de reforzo e labores de mantemento para consolidar a estrutura de 23 pontes e pasos elevados nun treito duns corenta quilómetros. Todos os traballos faranse na parte inferior das estruturas, afectando o menos posible a circulación. O prazo de execución é de 18 meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí