CRTVG

Buscar

Adíase por segunda vez, ao 26 de maio, a vista de apelación polo crime de Diana Quer

Publicado o 20/04/2020 14:58
Adíase por segunda vez, ao 26 de maio, a vista de apelación polo crime de Diana Quer

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou aprazar por segunda vez a vista de apelación polo crime de Diana Quer, prevista para o próximo 28 de abril, ao 26 de maio ás 11 horas.

Os maxistrados indican na providencia que "persisten os motivos" que deron lugar á anterior suspensión, pois inicialmente a celebración da vista sinalouse o 31 de marzo.

A vixencia do estado de alarma pola crise sanitaria da COVID-19 e a afastada data de vencemento da prisión provisional decretada para o sospeitoso, en decembro de 2032, facilitan este novo adiamento.