CRTVG

Buscar

Adíase ata o mércores o plan de vacinación pola demora de Pfizer no envío das doses

Publicado o 28/12/2020 13:59

Tras un domingo que pasará á historia polo comezo da inmunización contra a covid-19 coa vacinación de 150 persoas da residencia Porta do Camiño en Santiago, hoxe é xornada de espera da seguinte remesa de doses. Chegarán mañá a este centro de almacenaxe e conservación que a empresa Biorepos ten no polígono da Costa Vella, en Santiago. Desde alí distribuiranse ata as residencias onde continuará o plan de vacinación o mércores. Mil persoas diarias. O obxectivo é bloquear a transmisión do virus canto antes e lograr a inmunidade comunitaria.

24 horas despois de recibir a vacina, Nieves, por exemplo, asegura que non ten ningunha molestia. Din os expertos que tampouco sería anormal tela.

Os expertos animan a vacinarse e a confiar na ciencia para frear a pandemia, seguindo o exemplo que nos dan os nosos maiores.

O plan masivo de vacinación retomarase, polo tanto, o mércores nas residencias das 7 áreas sanitarias de Galicia.

Noticias web

28/12/2020