CRTVG

Buscar

Adíase a Semana Verde ao ano que vén

Publicado o 16/04/2020 16:02

Os organizadores da Semana Verde, que este ano chegaba á súa cuadraxésimo terceira edición, tomaron esta decisión ante a emerxencia sanitaria ocasionada pola COVID-19.

A decisión tamén se tomou para evitar a competencia con outros eventos similares que xa están previstos en outono, a centrar os seus esforzos en facer unha grande edición o ano que vén, por coincidir con ano Xacobeo e celebrar o 25 aniversario da inauguración do recinto de Silleda.

As que si se celebrarán este ano serán Enerxétika, a feira da enerxía, e o monográfico forestal Galiforest, das que se establecerán novas datas en canto a situación o permita.

Noticias web

16/04/2020