Adíase a entrega dos Premios Mestre Mateo ao mes de abril
Publicado o 26/01/2021 22:02

E adiouse a entrega dos Premios Mestre Mateo, que outorga a Academia Galega do Audiovisual. Este ano, a gala do audivisual galego será no mes de abril.
Segundo confirma a Academia, as novas restricións obrigaron a reprogramar a gala de entrega dos premios para o día dez de abril, sempre que daquela a situación sanitaria o permita.