CRTVG

Buscar

Adiaratou Iglesias: "Estaba nerviosa porque non coñecía as rivais, pero saíu todo ben"

Publicado o 11/11/2019 20:20

Adiaratou Iglesias acaba de se proclamar subcampioa de mundo dos 100 metros nos mundiais de atletismo adaptado que se están a celebrar en Dubai. A atleta luguesa, que ten só un 20 por cento de visión, fixo a segunda mellor marca galega absoluta na distancia, a só 6 centésimas do récord que posúe Ana Peleteiro.

Despois da carreira comentaba as súas sensacións: "Nervios de que non coñecía os meus rivais e viña cun pouco de tensión, pero ao final saíu todo ben e moi contenta".

Logo da medalla de prata, Adiaratou volveu ás pistas para correr as series dos 200 metros onde estableceu unha nova mellor marca galega absoluta, 24.58. 

"Tocan os 200, fixen agora as eliminatorias e mañá a semifinal. Agora dalo todo ata o final e tentar dar o mellor de min", anuncia a atleta.

Noticias web

11/11/2019