CRTVG

Buscar

Adiántanse as rebaixas con descontos de ata o 70%

Publicado o 25/06/2020 20:54

Comezan as rebaixas de verán máis atípicas tanto para clientes coma para comerciantes. Adiantan a compaña con grandes descontos para reactivar as vendas.

Bastante ambiente na primeira xornada de rebaixas nas cidades galegas marcada polas medidas de hixiene e seguridade. Hai ganas de mercar, pero tamén falan de contención.

O comercio local busca reactivarse tras os peches e manteñen a esperanza na confianza da clientela. Pero entre as asociacións de comerciantes do sector téxtil agardan, din, unha importante baixada nas facturacións.

A campaña de rebaixas de verán prolongarase ata o vindeiro 31 de agoto.

Noticias web

25/06/2020