CRTVG

Buscar

Adían o xuízo contra un home acusado de agredir outro e deixalo en cadeira de rodas

Publicado o 15/09/2020 13:31

A incomparecencia dunha das testemuñas presenciais obrigou a aprazar, ata o 27 de outubro, o xuízo que se ía celebrar esta mañá na Audiencia Provincial da Coruña.
Ían xulgar un home acusado de agredir outros dous e deixar un deles en cadeira de rodas e cunha discapacidade do 80 por cento.

Segundo o escrito da acusación, o investigado propinoulles senllas puñadas na cabeza a dous homes cos que mantivera unha discusión previa, na zona de copas do Orzán, na Coruña, en maio de 2016. Tras a agresión, ambos os dous caeron ao chan e sufriron diversas lesións, un deles graves. Quedou en cadeira de rodas, e a Xunta recoñeceulle un grao de discapacidade do 80 %.

A Fiscalía pide que sexa condenado a dez anos e oito meses de cadea e que indemnice unha vítima con 644 euros e a maís grave con 351.000 euros.

O seu avogado defende que actuou en lexítima defensa.

Noticias web

15/09/2020