CRTVG

Buscar

Adiado o Pescados Burela-ElPozo por un caso de coronavirus no equipo murciano

Publicado o 16/04/2021 21:33

Un caso positivo en coronavirus detectado no equipo de El Pozo Murcia obrigou a suspender o partido desta tarde en Burela. A decisión coñeceuse apenas unha hora e media antes do partido cando o cadro murciano estaba xa na localidade da Mariña. Así que o Pescados Rubén aproveitou a tarde para se adestrar. Hai dous días un membro do equipo técnico de El Pozo dera positivo, aínda así o equipo viaxou a Lugo. Non é a primeira vez que lle acontece algo parecido. En xaneiro viaxara a Ferrol para enfrontarse ao Parrulo e tivera que suspenderse o partido por outro positivo, nese caso no equipo galego.

Noticias web

16/04/2021