CRTVG

Buscar

Adiada a apertura dun hotel prevista para o día no que comezou o estado de alarma

Publicado o 17/05/2020 23:51

Hai dous meses que este hotel de Barreiros ía abrir as súas portas. Coincidiu xusto co decreto do estado de alarma, así que a súa propietaria quedou coas ganas.

Este hotel non puido abrir, pero a súa propietaria non perdeu o tempo. Fixo unha enquisa a través das redes sociais para coñecer que é o que máis valoran os futuros clientes.

E o que demandan os clientes é a limpeza e o retorno á normalidade. Tamara aínda non se estreou como propietaria, pero non perdeu a ilusión. Mantén que a zona non está masificada e agarda comezar a temporada pronto.

Con dous meses de demora e con todas as precaucións tomadas, só queda agardar polos clientes.

Noticias web

17/05/2020