Adi Iglesias, tamén prata en 200: "Unha carreira moi difícil, pero mellorei a miña marca"
Publicado o 12/11/2019 21:43
Adiaratou Iglesias gañou a medalla de prata nos 200 metros dos campionatos do mundo de atletismo adaptado. A atleta luguesa, que tamén se proclamou subcampioa do mundo nos 100 metros, mellorou a súa marca persoal nunha proba moi esixente.
"A carreira foi moi difícil, cheguei á meta en branco. A cousa é que a carreira era moi difícil pero ao final melloramos a nosa marca e con boas sensacións", sinalou Adiaratou.