CRTVG

Buscar

Adi Iglesias, dúas medallas de prata en Dubai

Publicado o 13/11/2019 17:51

Dúas medallas de prata, clasificación para os Xogos Paralímpicos de Toquio, récord de España, récord galego absoluto nos 200 metros e mellor marca persoal nos 100. Esa é a impresionante bagaxe que trae a luguesa Adi Iglesias do Mundial de Atletismo Adapatado de Dubai. Na final dos 200 metros rebaixou por terceira vez a marca galega, que agora queda en 24 segundos e 31 centésimas. 

Adiaratou Iglesias, subcampioa do mundo de atletismo adaptado: "A carreira era moi difícil, pero ao final melloramos a nosa marca e con boas sensacións".

Outra galega finalista, Desirée Vila, non cumpriu as súas expectativas en salto de lonxitude e tivo que conformarse coa oitava praza. Desirée Vila, finalista no Mundial de Atletismo Adaptado: "Non estiven preto da miña marca persoal, que é 3,94, fixen 3,60, pero para ser a miña primeira competición mundial e unha experiencia complicada porque tiñamos vento na contra, había moita competitividade, satisfeita".

A gondomareña volve competir esta tarde na final dos 100 metros.

Noticias web

13/11/2019