CRTVG

Buscar

Adi Iglesias bate o récord galego de 200 metros

Publicado o 12/11/2019 18:20

Cita con Adi Iglesias esta tarde en Dubai. Mundial de Atletismo Adaptado. Final dos doucentos metros. Onte a prata en cen metros. Esta mañá bateu o récord galego en termos globais nos douscentos.

Adi corre sen axuda, ten unha visión inferior ao vinte por cento. Fixo un tempo de vinte e catro corenta e cinco, baixou en trece centésimas o rexistro de onte e bateu o récord galego da distancia. Contabilizando todas as atletas. Chegou a Dubai sendo a campioa galega de cen e douscentos metros. Un caso inédito.

Noticias web

12/11/2019