CRTVG

Buscar

Adeus ás vacacións cos últimos raios de sol da Semana Santa en Galicia

Publicado o 21/04/2019 14:42

A Semana Santa do 2019 toca a retirada. Ao mediodía os clientes deixan os hoteis, como este de Sanxenxo, despois de gozar como mínimo de catro días de descanso.

Baixo este ceo despexado, sen nubes á vista, así lucía a praia de Silgar. Na area moitos galegos que aproveitan o domingo e tamén os turistas que apuran as últimas horas antes de volver á casa, á rutina.

A quen non lle sorprendeu foi ao sector turístico. A Semana Santa nas Rías Baixas leva anos cunha ocupación total.

Leonardo López, director do hotel Carlos I de Sanxenxo, conta que de novo en Sanxenxo a acupación hoteleira é dun 100%

Mañá iranse os últimos turistas pensando xa na seguinte parada, en dous meses, o verán.

Noticias web

21/04/2019