CRTVG

Buscar

Adeus ao Derby, o mítico cafe de Santiago

Publicado o 05/06/2020 15:25
Adeus ao Derby, o mítico cafe de Santiago

O histórico café Derby de Santiago pecha tras 91 anos de historia. O primeiro propietario traspasoulle o negocio a dous camareiros ao cabo de 5 anos. Un deles era o pai de Victoria, a actual xerente. El contoulle numerosas anécdotas daquelas míticas tertulias ás que acudían Dieste, Maside ou un Valle-Inclán con moito carácter.

Victoria estudou Farmacia e Maxisterio, pero nunca exerceu. Traballou sempre detrás da barra do Derby, primeiro canda seu pai e desde o 75 á fronte do negocio.

Pero, despois de 50 anos, Victoria, animada polas súas fillas, dediciu hai un tempo deixar o negocio, pero aguantou por responsabilidade, polos 8 empregados que tiña no café e que agora irán ao paro. E despois de toda unha vida no Derby, Victoria non dubida cando se lle pregunta como se sente agora. E o desencanto ten un porqué.

No Derby xa non recende a café, e os empregados van recollendo todo o mobiliario e a vaixela. Péchase con el un capítulo da historia de Compostela.

Noticias web

05/06/2020