CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Adeus a Alberto Martí, un mestre da fotografía

Publicado o 30/09/2017 15:07

E hoxe temos que despedir a o presidente da Cociña Economica da Coruña, Alberto Marti. Para moitos era coñecido pola súa faceta solidaria, pero outros coñecérono polo seu traballo como fotoxornalista.

A súa camara apagouse para sempre onte á tarde, despois de deixar umha fonda pegada na vida coruñesa. Comezou no mundo do retrato aos 12 anos, cando era mozo dos recados en Foto Blanco, e desde esa infancia retratou o seculo XX coruñés. Tras 75 anos de actividade, foi un dos fotografos máis destacados da cidade herculina. Os seus restos recibirán sepultura mañá á unha da tarde no cemiterio de San Amaro.

Aquí a última entrevista que se lle fixo nesta casa para o programa 'Galegos'.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí