CRTVG

Buscar

Adestramento nacional de gladiadores en Lugo, previo ao Arde Lucus

Publicado o 17/03/2019 10:48

Sete asociacións de recreación histórica participan en Lugo nun adestramento nacional de gladiatura, unha cita que por vez primeira acolle a cidade amurallada e que serve para intercambiar técnicas á hora de representar escenas de combate en festas como o Arde Lucus. 

As técnicas de loita dos romanos seguen de actualidade en pleno século XXI. Sete asociacións de Mérida, Tarragona, Madrid, Astorga e Lugo participan nun encontro para intercambiar experiencias. Por vez primeira celébrase en Lugo. Enmárcase na programación previa ao Arde Lucus.

O estudo das técnicas e a práctica son fundamentais para ofrecer un espectáculo que pretende ser o máis respectuoso posible coa época. O adestramento de gladiatura é unha mostra de que as festas de recreación histórica son máis ca un espectáculo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/03/2019